Monday 29 de April de 2024

A Despensa Municipal aproba con nota a inspección da UE


Jesús Bao, que destaca o labor dos voluntarios que fan posible esta nota outorgada polo organismo continental

A Despensa Municipal de Alimentos, situada na Barcala, recibiu a semana pasada a inspección da UE que avaliou a xestión dos alimentos, a distribución e o espazo físico no que se desenvolve o traballo que levan a cabo os voluntarios cambreses. Segundo técnicos do concello a avaliación foi moi positiva e permitirá que os alimentos procedentes da Unión Europea sigan abastecendo a Cambre, algo a ter moi en conta segundo o concelleiro de Benestar, Jesús Bao, que destaca o labor dos voluntarios que fan posible esta nota outorgada polo organismo continental. ?Sen dúbida, a avaliación positiva deste servizo é debido ao gran traballo que desenvolven os voluntarios de Cambre, que de forma altruísta esfórzanse para que cheguen nas mellores condicións posibles os alimentos que chegan á despensa?, apuntou o socialista Jesús Bao. Os volunatrios encárganse da recepción de alimentos que chegan de diferentes entidades benéficas colaboradoras, a súa almacenaxe e clasificación, e a súa distribución periódica aos usuarios de Servizos Sociais que o solicitan.

Doutra banda, o concelleiro lembrou que a despensa vai mellorando o seu servizo e desde hai semanas xa reparte froita graza a un acordo coa Deputación. O concello recolleu 180 caixas de froita fresca, case catro toneladas, provenientes do Pazo de Mariñán. Mesmo se poden todo tipo de produtos frescos grazas á adquisición dunha cámara frigorífica que fai posible o mantemento destes produtos. A isto hai que engadir conxelador xa existente que permite almacenar produtos conxelados, moito máis perdurables no tempo. Con estas melloras perséguese aumentar os beneficiarios e as cantidades de alimentos recolleitos a través dos diferentes programas. Doutra banda, poderase incrementar a distribución de alimentos conxelados, frescos, froitas e hortalizas, almacenar os alimentos durante un período máis longo de tempo en cámaras e conxeladores nas mellores condicións de limpeza e hixiene adecuadas.